A Xunta recoñece os proxectos das bibliotecas escolares de 19 centros educativos

O certame ten como obxectivo estimular o impulso de iniciáticas de carácter interdisciplinar e de investigación desde estes espazos

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2021

A Xunta de Galicia vén de conceder os premios do concurso Traballos por Proxectos realizados na biblioteca escolar a 19 centros educativos. O obxectivo deste certame, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, é estimular iniciativas de investigación desde estes espazos, que contribúen á adquisición de competencias-clave, e premiar as boas prácticas dos centros nesta materia.

A convocatoria contempla catro modalidades de participación, unha delas de nova incorporación este curso enfocada á vertente científica. A primeira delas céntrase nos proxectos de carácter interdisciplinario no que se abordan distintas materias e ámbitos coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro. Nela, os centros galardoados, que reciben unha asignación de 2.000€, son os seguintes:

Provincia
Concello
Centros Premiados
Título
A Coruña
A Coruña
CEIP Emilia Pardo Bazán
Paseando con Emilia
A Coruña
Muxía
CEIP dos Muíños
Facemos camiños
A Coruña
Outes
CEIP P. de Outes
Mens sana in corpore sano
Pontevedra
Caldas de Reis
IES P. Aquis Celenis
As palabras no Camiño II
Pontevedra
Meaño
CEIP P. Meaño-As Covas
Botarse ao monte
Pontevedra
O Grove
CEIP Valle-Inclán
Ardia 2020-2021
Pontevedra
Salvaterra de Miño
CEIP de Leirado
A tope coa saúde
Pontevedra
Soutomaior
CEIP Manuel Padín Truiteiro

Viaxe á Idade Media a través do castelo de Soutomaior

 



A segunda modalidade vai dirixida a iniciativas de investigación coordinadas por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, incluídos os que se realicen na materia de libre configuración de 1º e 2 de ESO Investigación e Tratamento da Información. Os centros premiados nesta categoría, que reciben unha asignación de 1.500€, son os seguintes:


Provincia
Concello

Centros Premiados

Título
A Coruña
Sada

CEIP Pedro Barrié de la Maza

A nosa Odisea

Pontevedra
A Lama
CEIP A Lama

Os instrumentos do Pórtico da Gloria

A Coruña
Bergondo

CPI Cruz do Sar

Que podo facer eu para...?

Pontevedra
Lalín

IES Ramón María Aller Ulloa

Unha aldea global, en perspectiva de xénero

Lugo
Lugo

IES Xoán Montes

A caixa de Pandora

 

A terceira categoría está centrada nos proxectos de investigación nos que participan varios centros de xeito colaborativo promovidos desde as bibliotecas. A temática escollida nestas tres modalidades podía ser de calquera ámbito de coñecemento. Os centros galardoados, que reciben unha asignación de 1.500€, son os seguintes:
Provincia Concello Centros Premiados Título
A Coruña Coristanco CEIP Canosa Rus Carpiño está en perigo, un mar de valores
A Coruña Culleredo CRA de Culleredo Carpiño está en perigo, un mar de valoresNova modalidade científica
A cuarta modalidade, novidade este ano, xira arredor dos proxectos realizados con metodoloxía científica, co fin de estimular a curiosidade por distintos fenómenos das ciencias experimentais ou sociais e reforzar o desenvolvemento do pensamento científico.

Os proxectos deben responder a temas de interese do alumnado ou pertinencia educativa, desenvolver contidos curriculares e contribuír á adquisición de competencias clave. Os centros premiados, cunha asignación de 1.500€, son os seguintes:


Provincia
Concello
Centros Premiados
Título
A Coruña
A Coruña
CIFP Someso
Crecemento do pelo
Lugo
Cervantes
CPI de Cervantes
Cervantes 100XCIENcia
Pontevedra
Vigo
CEIP García Barbón
Cando medre quero ser entomólogo
Pontevedra
Vigo
IES de Valadares
MeteoValadares
Pontevedra
Vigo
IES de Valadares
Sensor CO2

 

Imaxes relacionadas