Política Social aplaude o traballo e a orixinalidade do belén elaborado polos usuarios de Hogar e Clínica San Rafael

Vigo, 23 de decembro de 2021.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron o tradicional belén elaborado polos usuarios do Centro Hogar e Clínica San Rafael, do que salientaron a súa orixinalidade. Ademais, felicitaron aos seus autores polo traballo e o esforzo para realizar unha obra destas características.

Este belén renovase cada ano e conta cunha superficie de máis de 40 metros cadrados e 100 figuras. Durante a visita tamén aproveitaron para achegarse ao mercado de nadal da entidade, no que se mostran e se pon á venta os traballos realizados polos usuarios dos talleres durante todo o ano.

Imaxes relacionadas