A Xunta recibe 7 ofertas de empresas interesadas en executar a senda entre a Moureira e Palmás, en Moaña, que suporá un investimento de 1,6 M€

As obras deste novo itinerario na estrada PO-551 comezarán na primavera e terán un prazo de execución de 12 meses

Trátase dunha senda peonil e ciclista pola marxe dereita, de 1,7 km, desde a zona da praia da Borna ata conectar coa beirarrúa da área recreativa da Cerradiña

Esta intervención está recollida no Plan de sendas do Morrazo, que prevé 8 km de sendas seguras e sostibles, cun investimento superior aos 5 M€

Esta actuación complementa as obras que está a executar a Xunta para a eliminación do tramo de concentración de accidentes na mesma estrada, en Domaio, cuxo remate se prevé na primavera, cun investimento de 572.000 €

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

A Xunta vén de recibir 7 ofertas de empresas para executar as obras da nova senda entre A Moureira e Palmás, en Moaña, que suporán un investimento de 1,6 millóns de euros.

As obras do novo itinerario na estrada PO-551 comezarán na primavera e terán un prazo de execución de 12 meses.

Trátase dunha nova senda peonil e ciclista, segura e accesible, pola marxe dereita, de 1,7 km, desde a zona da praia da Borna ata conectar coa beirarrúa da área recreativa da Cerradiña.

Esta intervención está recollida no Plan de sendas da comarca do Morrazo que a Xunta está a desenvolver nos distintos concellos, e que prevé a construción de máis de 8 km de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe, cun investimento superior aos 5 M€ e confinanciadas con fondos europeos FEDER 2014-2020.

Estas obras complementan as que está a executar a Xunta para a mellora de seguridade viaria nesta estrada, cuxo remate se prevé na vindeira primavera, tras un investimento de máis de 572.000 euros.

O obxectivo é eliminar o treito de concentración de accidentes en Domaio, para o que se están a levar a cabo actuacións puntuais en 5,2 km desta estrada autonómica PO-551.

Estes traballos están a desenvolverse no treito comprendio entre o paso de peóns da travesía de Meira á altura do centro de saúde, e a intersección coa estrada provincial á saída de Domaio.