Política Social participa na Asemblea Xeral da Red Española de Albergues Juveniles

San Lorenzo de El Escorial (Madrid), 21 de decembro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na Asemblea Xeral da Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) para facer balance dos programas deste ano e aprobar o plan de actividades para 2022, onde terán protagonismo as iniciativas enmarcadas no Ano Europeo da Xuventude e tamén as vinculadas ao Ano Xacobeo.

Entre as propostas desenvolvidas este ano, Cristina Pichel, destacou a boa acollida da campaña ‘Bono Albergues REAJ’ para reactivar as estancias de mozas e mozos en albergues. A través desta acción ofrecéronse 800 bonos para que a xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos puideran elixir entre as instalacións que forman parte da REAJ.

Imaxes relacionadas