A Xunta destaca a elevada participación no certame de tarxetas de Nadal de Special Olympics

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, presidiu hoxe o xurado que escolleu os traballos seleccionados no 26 Certame autonómico de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia. Nesta edición contouse coa participación de 35 entidades de toda Galicia e se presentaron arredor de 900 deseños.

Este certame é unha das citas clásicas de Special Olympics Galicia e cada ano conta cunha gran aceptación entre todas as entidades da Comunidade que traballan no ámbito da atención ás persoas con discapacidade intelectual. Prevese que o vindeiro mes de xaneiro teña lugar un acto no que se entregarán agasallos aos participantes.

Imaxes relacionadas