A Xunta lamenta o pasamento de Daniel Fernández, ex presidente da Federación Galega de Golf e “impulsor das sinerxías entre turismo e deporte”

Santiago, 21 de decembro de 2021

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, lamenta profundamente o pasamento de Daniel Fernández Fernández, que na actualidade ocupaba a presidencia de honor da Federación Galega de Golf, entidade autonómica que o empresario galego dirixiu dende 2006 ata 2018.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, trasladou o seu pésame, no nome do Goberno galego, a todos os seus familiares e achegados, así como a todo o conxunto do golf galego do que asegurou que “tras a marcha de Daniel queda orfo, sen un dos seus pais e referentes”. Lete Lasa tamén destacou a importancia do ex presidente para o tecido deportivo galego sendo un dos pioneiros que apostou polas sinerxías entre turismo e deporte e que traballou por converter a Galicia nun destino de calidade.