A Xunta organiza en Vigo un coloquio sobre os retos e as oportunidades da acción exterior galega

? O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presentou hoxe na sede da Cámara de Comercio de Vigo un coloquio sobre o futuro da acción exterior galega
? A xornada forma parte dun ciclo de conferencias co que se pretende a dar a coñecer o contido da norma e, ao mesmo tempo, estimular a participación cidadá para definir as grandes liñas estratéxicas da acción exterior galega nos vindeiros anos
 

Vigo, 20 de decembro de 2021

A Xunta organizou hoxe un coloquio co obxectivo de difundir as novas ferramentas xurídicas e institucionais cos que conta Galicia no eido exterior. Esta actividade celebrouse como continuación á realizada en Santiago de Compostela en cooperación con FEUGA sendo o seu obxectivo dar difusión a recente Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e da Estratexia Galega de Acción Exterior ( EGAEX).

A fin de ter unha visión de conxunto sobre os cambios que se aveciñan no escenario mundial, este ciclo de conferencias resulta relevante para coñecer as correntes internacionais que condicionarán o futuro inmediato dos operadores, desde empresarios e investidores, ata creadores de opinión e actores sociais a escala global.

Nesta acto interviu o profesor José Cabanelas Omil, Catedrático de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo, que describiu a situación de Galicia nun mundo en transformación e de avanzar os grandes desafíos e respostas no marco Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX).

Tamén participou a profesora Belén Sánchez Ramos, de Dereito Internacional Público da Universidade de Vigo, que abordou o aproveitamento das potencialidades que permite a nova Lei de acción exterior de Galicia en relación a posibilidade de implantar tratados internacionais ou a participación nas negociacións para concluílos, e sobre acordos administrativos de execución.
 

Imaxes relacionadas