A Xunta expón no Consorcio de Santiago os avances das propostas que levou en xullo ao Real Padroado

Refírese ás iniciativas para avaliar usos públicos en Conxo a través dun plan especial, así como melloras nos accesos ao Camiño de Santiago ou a recuperación do legado patrimonial de carácter arquitectónico da Universidade, entre outras

Demanda a implicación real do Goberno central con orzamentos para poder cumprir os acordos da ambiciosa folla de ruta
 

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe en calidade de vicepresidente do Consorcio de Santiago na reunión do consello de administración deste organismo e trasladou os avances das propostas levadas pola Xunta de Galicia ao Real Padroado o pasado mes de xullo.

Román Rodríguez recordou que desde aquel encontro, o Goberno autonómico está a concretar a posta en marcha dos proxectos presentados como a avaliación de usos públicos en Conxo a través dun plan especial, así como as melloras nos accesos ao Camiño de Santiago ou a recuperación do legado patrimonial de carácter arquitectónico da Universidade de Santiago coa rehabilitación das facultades de Medicina e a de Xeografía e Historia, entre outras.

Implicación real

Como indicou, son iniciativas que permitirán sentar as bases para traballar no futuro da cidade e do conxunto da Comunidade, para o que é fundamental a colaboración institucional de todas as partes.

Neste sentido, demandou a implicación real do Goberno central con dotación orzamentaria nos acordos acadados o pasado mes de xullo para que poidan seguir avanzando as propostas e cumprir a ambiciosa folla de ruta presentada no Real Padroado.
 

Imaxes relacionadas