O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións

A Xunta realiza obras na escola infantil 'Casa do Mar' de Marín por un valor de 37.000 euros

Realizáronse labores de acondicionamento nos xardíns e zonas exteriores, así como no interior das aulas, e renovouse a instalación eléctrica

Marín (Pontevedra), 15 de decembro de 2021

A Xunta realizou obras na escola infantil pública autonómica ‘Casa do Mar’ de Marín por un valor de 37.000 euros. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións, onde nestes momentos aínda se están a pintar as aulas e a cambiar as portas.

As actuacións neste centro xa comezaron no mes de agosto co arranxo dos xardíns exteriores. No interior, ademais do acondicionamento das aulas, tamén se está a cambiar a instalación eléctrica de todo o edificio. A escola infantil conta con catro aulas e unha capacidade para 60 nenas e nenos de 0 a 3 anos.

O director xeral comprobou o estado das obras e lembrou que o Goberno galego segue apostando por mellorar a calidade dos servizos de atención infantil e de conciliación para as familias. Neste sentido, lembrou que o vindeiro curso a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos, que xa se aplica neste curso, ampliarase aos primeiros fillos tanto nas escolas infantís públicas, como privadas ou de iniciativa social.

Imaxes relacionadas