Conde aborda coa nova xerente de Galicia Calidade os retos da marca de garantía

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro coa nova xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.

Na reunión tiveron ocasión de abordar os retos aos que se enfronta a marca de garantía dependente da Xunta, que na actualidade certifica produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas.

A ourensana Ana Méndez era ata a data directora de exportación do Grupo Reboreda Morgadío, e conta cunha ampla experiencia tanto no sector agroalimentario, un dos de máis relevo dentro do selo de garantía.

Galicia Calidade leva máis de 25 anos distinguindo produtos e servizos galegos para impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais, achegando confianza e seguridade aos consumidores.
 

Imaxes relacionadas