A Xunta leva a Vigo o patrimonio natural das sete reservas de biosfera galegas

A directora xeral de Patrimonio Natural e a delegada territorial da Xunta en Vigo inauguran a exposición itinerante sobre estes espazos, que permanecerá na praza da Estrela ata o xoves, 16 de decembro

Vigo, 13 de decembro de 2021

Co obxectivo de que os vigueses coñezan o patrimonio natural que atesouran as sete reservas de biofera de Galicia, a Xunta levou a Vigo a exposición itinerante sobre estes espazos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia (Ceida), para celebrar o 50 aniversario da creación do programa sobre o Home e a Biosfera (MaB) da Unesco.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inauguraron esta mañá esta exposición que permanecerá na praza da Estrela -fronte á Delegación Territorial- ata o 16 de decembro; de onde partirá para chegar a Santiago de Compostela, o vindeiro sábado, 18 de decembro.

A exposición, composta por nove paneis informativos, pon o foco nos valores medioambientais, culturais e paisaxísticos que atesouran as reservas, así como na importancia de apostar polo desenvolvemento sostible para facilitar a actividade económica e social de quen habita estes espazos.

Imaxes relacionadas