A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro de atención da entidade A Creba en Ribeira

A Xunta apoia a Feafes na posta en marcha de programas que eliminen os estigmas e os tabús sobre as persoas con problemas de saúde mental

O Goberno galego destina 1,2 millóns de euros para financiar prazas e programas de atención nos diversos centros que forman parte desta federación

Ribeira (A Coruña), 9 de decembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, lembrou esta maña, durante unha visita ao centro que a asociación A Creba ten en Ribeira, que a Xunta apoia ás entidades que conforman a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) na posta en marcha de programas que eliminen os estigmas e os tabús sobre as persoas con problemas de saúde mental. Durante o seu percorrido polas instalacións tivo oportunidade, ademais, de coñecer os usuarios da entidade.

Fabiola García subliñou o traballo diario de entidades sociais como A Creba para eliminar estigmas á vez que axuda ás persoas con problemas de saúde mental a gañar autonomía e adquirir novas habilidades. Mostra diso son os obradoiros de cestería e coiro que realizan na sede barbanzá os seu 15 usuarios.

Así mesmo, mostrou o compromiso do Goberno galego con Feafes, á que destina 1,2 millóns de euros para financiar prazas e programas de atención en Ribeira e noutros lugares da Comunidade onde tamén prestan servizo.

Plan Saúde Mental Postcovid


Para seguir avanzando na atención ás persoas con problemas de saúde mental, a Xunta de Galicia, a través do Sergas, aprobou o pasado ano o Plan de Saúde Mental Postcovid destinado a reforzar as unidades ambulatorias distribuídas por todo o territorio e atender a unha maior demanda.
 

Imaxes relacionadas