O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visita deste centro municipal da comarca do Deza que vén de mellorar as súas dependencias

A Xunta contribúe á ampliación e actualización tecnolóxica da biblioteca municipal de Rodeiro

Román Rodríguez refírese ao compromiso do Goberno autonómico por “impulsar as infraestruturas culturais do rural para garantir o acceso á cultura a todos os galegos”

Recorda o investimento de máis de medio millón de euros das axudas específicas ademais de iniciativas para que os concellos executen as súas programacións culturais

Rodeiro (Pontevedra), 7 de decembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe a biblioteca municipal Manuel Lamazares de Rodeiro, que vén de ser ampliada co apoio da Xunta “dentro do compromiso do Goberno autonómico por mellorar e impulsar as infraestruturas culturais do rural e garantir así o acceso á cultura a todos os galegos”, indicou.

Neste sentido, recordou que a Xunta de Galicia mantén unha liña constante de apoio aos concellos galegos a través dunha liña específica de máis de medio millón de euros. Este programa compleméntase con iniciativas para que os municipios se doten dos medios necesarios para executar as súas programacións culturais.

Froito da colaboración da Xunta e o Concello de Rodeiro, a biblioteca municipal vén de ser ampliada incorporando máis espazo para as súas actividades. O proxecto, para o que a Xunta achegou 40.000 euros, incluíu a creación dunha única sala máis ampla así como a mellora tecnolóxica coa instalación de tomas de internet e eléctricas.

Imaxes relacionadas