Política Social participa no Festival da Inclusión da Asociación Amicos

Boiro (A Coruña), 3 de decembro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe na cuarta edición do Festirititi, festival da inclusión, organizado pola asociación Amicos de Boiro. Nas actividades, ademais dos integrantes da entidade, participan alumnos de centros escolares da zona. Con esta festividade, a asociación busca conmemorar o Día da Discapacidade, que se celebra hoxe.
Pola súa banda, Fernando González Abeijón quixo agradecer a Amicos o seu traballo diario na atención das persoas con discapacidade. Ademais, puxo en valor celebracións como esta que procuran a inclusión e sensibilización neste eido.

Imaxes relacionadas