Gabriel Alén destaca os recentes insvestimentos da Secretaría Xeral para o Deporte en infraestruturas deportivas na comarca Carballiño – Ribeiro

O delegado territorial tamén subliñou os investimentos da Secretaria Xeral para o Deporte de 20.000 euros no videomarcador do centro deportivo municipal O Consello de Ribadavia e os 60.000 euros para a reforma da iluminación, vestiarios e contorna do campo de fútbol de Leiro

Gabriel Alén reiterou a importancia da práctica deportiva porque “o deporte aporta unha ampla cantidade de beneficios para la saúde física e mental, é un instrumento extremadamente útil á hora de reconducir tensións e afianzar pontes entre colectivos”.

Ourense, 02 de decembro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o campo de fútbol de Espiñedo. Despois de percorrer as instalacións deportivas, o delegado territorial puxo en valor o recente investimento da Secretaría Xeral para o Deporte de 20.000 euros para instalación dun videomarcador no estadio, e os 40.000 euros destinados aos arranxos da piscina municipal.

Gabriel Alén sinalou que a Xunta continúa coa súa liña de apoio a infraestruturas deportivas de calidade, pois o deporte é unha indiscutible fortaleza, construtor de imaxe, prestixio e reputación, dentro e fóra das nosas fronteiras.

O delegado territorial tamén subliñou os investimentos da Secretaría Xeral para o Deporte de 20.000 euros no video marcador do centro deportivo municipal O Consello de Ribadavia e outros 20.000 euros para o videomarcador do campo de fútbol de Calabagueiros do Barco de Valdeorras.

Gabriel Alén non quixo pasar a ocasión para reiterar a importancia da práctica deportiva
porque “o deporte aporta unha ampla cantidade de beneficios para a saúde física e mental, é un instrumento extremadamente útil á hora de reconducir tensións e afianzar pontes entre colectivos”. O deporte -continuou o delegado- é símbolo de identidade, un paradigma de vigor e fortaleza que involucra ao público e que permite á súa vez, o encontro con outros nun ambiente de cordialidade, de distensión e de fraternal rivalidade e, por suposto, compañeirismo”.

Na mesma liña de apoio ao deporte de base, o representante do Goberno galego lembrou os 60.000 euros da Xunta para a reforma da iluminación, vestiarios e contorna do campo de fútbol de Leiro; os 24.000 euros para a construción dunha pista de pádel no concello de Avión e a instalación de pista biosaudables en Doade e na Hermida, no concello de Beariz, cunha achega de preto de 13.000 euros.

Imaxes relacionadas