A Xunta destaca o papel do comercio de Tomiño na dinamización económica e social da vila Pontevedresa

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos da localidade, así como a praza de abastos, que conta co selo de Mercado Excelente que outorga a Administración autonómica

Tomiño (Pontevedra), 2 de decembro de 2021

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacou hoxe o papel do comercio de proximidade de Tomiño na dinamizacion económica e social desta vila pontevedresa, na que visitou diferentes establecementos, así como a praza de abastos.

Heredia destacou que esta instalación, que contou co apoio da Xunta para a súa remodelación e que ten o selo de Mercado Excelente que outorga a Administración autonómica, é un exemplo de modernización e innovación.

O apoio ao comercio de proximidade é un dos ámbitos prioritarios da actividade da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Neste contexto, no que vai de ano a Dirección Xeral de Comercio e Consumo concedeu apoios no Concello de Tomiño que permiten mobilizar preto de 80.000 euros de investimentos públicos e privados, en eidos como a dixitalización, o impulso ao asociacionismo ou os incentivos ao consumo. Ademais destes apoios específicos, os comerciantes poden acceder a diferentes axudas habilitadas a través do Igape, así como pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Imaxes relacionadas