A Xunta avanza ás asociacións impulsoras de novas rutas como Camiño de Santiago o sistema de colaboración co CSIC para avaliar as súas propostas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade reuniuse con representantes de entidades que promoven o recoñecemento oficial de diversos itinerarios

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento deseñará as bases teóricas e a metodoloxía necesarias para xustificar esta distinción

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse hoxe con representantes de distintas asociacións que promoven a oficialización de novas rutas como Camiño de Santiago, aos que lles avanzou que a Xunta de Galicia contará co criterio científico e independente do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) neste labor.
Esta colaboración permitirá dispor dunha metodoloxía para avaliar as súas propostas, dando cumprimento ao establecido na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Nela indícase que poderán ser recoñecidas aqueles itinerarios nos que se documente e xustifique convenientemente a súa historicidade como rutas de peregrinación a Santiago.
Para crear un sistema que examine esta cuestión co máximo rigor e garantías, o Goberno autonómico contará coa colaboración do CSIC, a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, situado en Santiago de Compostela, que desenvolverá os requisitos documentais e históricos que se deben cumprir para xustificar esta distinción.

Imaxes relacionadas