Trenor destaca o éxito do Festival de Mares cunha participación de máis de 32.000 persoas

A Coruña, 29 de novembro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, recibiron está mañá aos organizadores do Festival Mar de Mares un evento multidisciplinar que tivo como principal obxectivo a defensa dos océanos e que se celebrou do 24 de setembro ao 30 de outubro do 2021 na cidade da Coruña na súa oitava edición.

Esta iniciativa contou co apoio da Xunta de Galicia para a celebración dun dos eventos que tivo maior repercusión e demanda como foi o Mercado do Mar.

No encontro o representante do Goberno autonómico destacou que foi un festival único e pioneiro que celebrou con música, gastronomía, cine, deporte e outras moitas aventuras toda a riqueza que nos dan os océanos. En total, leváronse a cabo máis de 35 actividades que contaron con máis de 32.000 asistentes, unha cifra que permite consolidar esta iniciativa como unha cita no calendario festivo da cidade. Neste senso, o delegado da Xunta felicitou aos organizadores polo seu éxito e animounos a traballar para seguir superando as expectativas na novena edición do ano que ven.

Imaxes relacionadas