A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento da travesía da estrada AC-231 en Teixeiro, no Concello de Curtis

O contrato de redacción, adxudicado por un importe de preto de 18.000 euros, conta con 5 meses de prazo

O obxectivo é mellorar os servizos e o firme na travesía co fin de resolver os problemas de estabilidade debido ás deficiencias na rede de drenaxe

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2021

A Xunta adxudicou a redacción do proxecto de acondicionamento da travesía da estrada AC-231 en Teixeiro, no concello de Curtis.

Este contrato de redacción, adxudicado ao consultor Serye Ingenieros S.L por un importe de preto de 18.000 euros, conta con 5 meses de prazo.

O obxectivo é a mellora dos servizos e do firme na travesía co fin de resolver os problemas de estabilidade debido ás deficiencias na rede de drenaxe.

O treito de actuación é o comprendido entre os puntos quilométricos 6 e o 6+910, na intersección coa N-634.

Neste treito renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e pluviais, estas ultimas separadas, estudando a derivación das pluviais para que non conflúa na rede de saneamento. Tamén se substituirán as beirarrúas e rehabilitarase o firme onde sexa preciso.

O proxecto incluirá as actuacións complementarias que se consideren axeitadas de mellora da seguridade viaria, integración urbana e mobiliario urbano.

Ademais, habilitarase a posibilidade de eliminar o bombeo existente no paso inferior da AC-231 baixo o ferrocarril, substituíndoo por unha canalización por gravidade.