Román Rodríguez salienta o labor dos inspectores na innovación e mellora do sistema educativo

Preto de 75 de inspectores reúnense nunha xornada formativa para a actualización de coñecementos, enmarcada nas accións formativas impulsadas pola Consellería de Educación para os distintos corpos docentes

Santiago de Compostela, 27 de novembro 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destaca o labor dos inspectores a prol da mellora do sistema educativo galego, sobre todo no que atinxe a “aspectos clave como son a innovación, a formación e a transformación dixital”.

Así o asegurou esta mañá con motivo dunha xornada de formación específica que congrega preto de 75 de inspectores educativos, coa finalidade de avanzar na actualización de coñecementos e competencias para un mellor desempeño da súa función. Román Rodríguez aproveitou, ademais, para recoñecer o esforzo e determinación dos participantes “por seguir perfeccionando o modelo educativo de Galicia”.

Este encontro enmárcase dentro do conxunto de accións formativas impulsadas pola Consellería de Educación para os distintos corpos docentes, como é o caso do encontro formativo para orientadores que tivo lugar a semana pasada.
 

Imaxes relacionadas