A Xunta colabora co concello de Cartelle na adquisición dun vehículo pick-up

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, indicou que o vehículo está financiado a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental cun importe de máis de 26.000 euros

Cartelle (Ourense), 27 de novembro de 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta semana o concello de Cartelle, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, co que o Goberno galego colaborou no financiamento dun vehículo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha axuda de máis de 26.000 euros.

Natalia Prieto fixo entrega do vehículo todo terreo 4x4 tipo pick-up ao concello onde indicou que está destinado a actuacións de protección do ambiente e do espacio natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco así como para a recollida e traslado de residuos.

O Goberno galego financia a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental, que conta cun orzamento de 11 millóns de euros., un total de 256 actuacións relacionadas, por exemplo, coa adquisición de vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco coma neste caso, a contratación de persoal e equipamento para a protección do medio ambiente, así como melloras no saneamento, o abastecemento de auga ou a recollida de lixo e melloras da eficiencia enerxética no alumeado público ou en instalacións municipais.
 

Imaxes relacionadas