O titular do Goberno galego asistiu esta tarde á entrega do I Premio de Investigación Epifanio Campo

Feijóo apela ao emprendemento e á investagación como dous factores esenciais na Galicia de hoxe e de mañá

A Coruña, 26 de novembro de 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou esta tarde ao emprendemento e á investigación como dous “factores esenciais” na Galicia de hoxe e de mañá.

Durante a entrega do I Premio de investigación Epifanio Campo, Feijóo referiuse deste xeito á Cátedra de Epifanio Campo, adscrita á Escola Politécnica Superior do Campus Industrial de Ferrol e que inicia a súa andaina, como unha nova ponte entre o Sistema Universitario de Galicia e a realidade empresarial; “unha ponte -dixo- que nace de necesidades recíprocas, de intereses comúns e, sobre todo, dun mesmo horizonte chamado Galicia”.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico salientou a “inmensa” traxectoria do empresario, marcada por tres valores fundamentais: arraigo, formación e experiencia. “Na súa traxectoria hai unha osmose perfecta con Galicia, combinada cunha formación que nunca se interrompeu e unha experiencia acumulada que aplicou nos sectores máis diversos”, abundou.

Feijóo concluíu aseverando que emprendedores como Epifanio Campo demostran co seu quefacer que Galicia é unha terra propicia para grandes proxectos

Imaxes relacionadas