A conselleira de Política Social, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a residencia de maiores de Foz

Fabiola García sinala que as residencias “Foron, son e serán” un fogar para os seus usuarios gracias á implicación dos seus profesionais

Os profesionais deste centro impulsaron a creación de máscaras artesáns personalizadas durante a pandemia para animar ás persoas maiores

Apuntou que as residencias de maiores son hoxe os lugares máis seguros fronte á covid-19 porque todos os seus usuarios contan xa con tres doses

Foz (Lugo), 26 de novembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que as residencias “foron, son e serán” un fogar para os seus usuarios gracias á implicación dos seus profesionais. Esta mañá visitou a residencia de maiores de Foz acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na que os traballadores realizaron unha exposición de máscaras personalizadas que empregaron durante a pandemia para animar ás persoas usuarias do centro.

A conselleira apuntou que iniciativas coma esta demostran que os traballadores das residencias amosaron o mellor de si mesmos para axudar a que as persoas maiores se sentiran protexidas e alegres durante os peores momentos da pandemia.

Neste sentido, volveu agradecer o seu labor porque, sinalou, gracias a eles estes peores momentos son agora mesmo tan só recordos. Fabiola García lembrou que as residencias de maiores son hoxe os lugares máis seguros fronte a covid-19 porque os seus usuarios contan xa con tres doses.

Imaxes relacionadas