Fernández-Tapias comunica á Coral Casablanca a colaboración da Xunta no concerto solidario que organiza en apoio a La Palma

Vigo, 22 de novembro de 2021

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, comunicou hoxe á directiva da Coral Casablanca que o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Cultura, colaborará no concerto solidario que a agrupación musical organiza en apoio a La Palma.
Así llo trasladou á representante autonómica, durante unha reunión esta mañá na Delegación de Vigo, ao presidente da Coral Casablanca, Ignacio Amoedo, e o vicepresidente, Jesús Sáinz.
O concerto “Vigo con Palma” terá lugar o vindeiro 29 de xaneiro no Teatro Afundación e todos os fondos recadados se doarán ao Cabildo de La Palma para que chegue aos afectados pola erupción volcánica.

Imaxes relacionadas