Fernández-Tapias visita o Ifevi coincidindo coa reapertura da vacinación masiva para as doses de reforzo fronte á covid-19

Vigo, 19 de novembro de 2021

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o recinto feiral de Vigo coincidindo coa reapertura da vacinación masiva para as doses de reforzo fronte á covid-19.

Segundo informou, desde hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro en horario de 8.00 a 15.00 horas están chamados os maiores de 70 a 79 anos para recibir a terceira dose. Asemade, inxectarase unha segunda dose de Pfizer aos mariñeiros que recibiron a vacina de Janssen.

Por outra banda, recordou que aqueles que por diferentes motivos non tiveron oportunidade de vacinarse poderán facelo sin cita previa ata o domingo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a partir do luns no Ifevi. E informou que en canto remate esta primeira quenda, citarase á poboación xeral que foi inoculada con Janssen.

Neste sentido, sinalou que “a vacina é a única ferramenta que temos para vencer á pandemia e a mellor garantía para a nosa saúde individual”.

Imaxes relacionadas