Política Social acompaña aos maiores de Porta do Camiño no seu percorrido turístico pola capital compostelá

A visita guiada, que partiu desde a dársena do Colexio de Lasalle, contou coa presenza do director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou esta mañá os usuarios da residencia de maiores pública da rede autonómica de porta do Camiño nun percorrido pola capital compostelá.

González Abeijón destacou os beneficios que estas iniciativas achegan aos nosos maiores, ao tratarse de actividades de grupo ao ar libre, xa que saír e poder compartir un tempo de lecer e de ocio en contacto coa contorna “é unha gran oportunidade para exercitar e avanzar cara un envellecemento activo, o que é sen dúbida o gran reto no que estamos a traballar”.

Imaxes relacionadas