A Xunta apoia con máis de 191.000 € a 6 centros comerciais abertos e prazas de abastos de Santiago para impulsar a súa competitividade

A Xunta colabora con cinco centros comerciais abertos e coa praza de abastos de Padrón

O delegado da Xunta destacou que de cara ao 2022 as actuacións destinadas á modernización do comercio contarán cun 15,66% máis que no 2020 (pasando dos 15,88 M€ en 2020 a 18,37 M€ en 2022)
 

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse cos representantes da Fundación Santiago Centro, Area Comercial , unha das beneficiadas pola orde de axudas a comerciais abertos (CCA) e prazas de abastos para a revitalización do comercio de proximidade.

Trenor destacou que no 2021 a orden de ayudas dirixida á dinamización dos CCA e prazas de abastos conta cun orzamento de 2.225.000,00 €, o que supón un incremento respecto a anos anteriores do 12,5% (en total un incremento de 250.000). Igualmente incrementouse a intensidade das axudas nun 5%, pasando o mínimo do 70% ao 75% e cun máximo, segundo os casos dun 80%.

A Xunta vén de conceder apoios por máis de 191.000 euros a 6 centros comerciais e abertos e prazas de abastos da comarca de Santiago para impulsar a competitividade do sector. Na área de Santiago concedéronse a 5 centros comerciais abertos, concretamente, dous da cidade da Santiago, un en Melide, outro en Ordes e outro en Arzúa cunhas axudas que superan os 191.000 euros.

Estas achegas destínanse a proxectos que inclúen a creación e mantemento de market place, a loxística e-commerce, iniciativas de dinamización comercial e o mantemento de unidades xerenciais.

Prazas de abastos

No concello de Padrón recibirá as achegas desta orde a Asociación de Profesionais da praza de abastos de Padrón Estes apoios destínanse ademais de para a creación e mantemento do market place, a loxística e-commerce, actuacións de dinamización comercial e mantemento de unidades xerenciais, tamén reciben axudas para a mellora de instalacións e equipamentos.

Orzamento 2022

Trenor tamén destacou que de cara ao 2022 as actuacións destinadas á modernización do comercio contarán cun 15,66% máis que no 2020 (pasando dos 15,88 M€ en 2020 a 18,37 M€ en 2022).

Ademais o Goberno galego apostará pola transformación sostible do comercio físico co obxecto de potenciar todas as canles de venda (física e dixital) para manter o tecido comercial nas vilas e cidades e promover modelos de negocio que aposten pola sostenibilidade, o emprego mozo e a economía circular para o que se destinarán 3 millóns de euros.

Neste senso, o delegado da Xunta finalizou destacando que “Galicia é a comunidade autónoma que máis apoia a este sector asociativo en contía económica”


AXUDAS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DA ÁREA DE SANTIAGO

 

CCA/ PRAZA
ENTIDADE
CONCELLO
AXUDA 2021
CCA

 Asoc. Empresarios de la Comarca de Arzúa

Arzúa
20.941,80 €
CCA
Asoc. Empresarios Terra de Melide CCA
Melide
42.862,50 €
CCA
Asoc Comerc.e Empresarios de Ordes-ACORDE
Ordes
39.062,90 €
PRAZA
Asoc. Profesionais da Praza de Abastos de Padrón
Padrón
10.500,00 €
CCA
Asoc. Comerciantes Compostela Monumental
Santiago de Compostela
42.862,50 €

CCA

Fundación Santiago Centro, Area Comercial

Santiago de Compostela

35.173,70 €

TOTAL
6
 

191.403,40 €

 

 

Imaxes relacionadas