A Xunta destina 6,4 millóns de euros a promover 11 proxectos colaborativos que impulsarán a innovación nas pemes galegas

As axudas do programa Conecta Hubs, dirixidas especialmente a pequenas e medianas empresas, contribuirán a fortalecer a base económica de Galicia e impulsar un tecido produtivo máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando a súa competitividade

Permitirán a xeración ou mantemento de 220 empregos de alta cualificación na Comunidade, xa que na execución das iniciativas participarán profesionais das TIC e expertos en I+D+i

Mobilizaranse preto de 10 millóns de euros, implicando a 45 empresas galegas, das cales 39 son pemes e 6 grandes compañías que xeran un efecto tractor

Imaxes relacionadas