Anxo M. Lorenzo anima a percorrer a igrexa de Santa Comba de Bande a través do libro de Celso Rodríguez Cao

O secretario xeral de Cultura participou na presentación deste novo libro sobre o primeiro Monumento Nacional da provincia de Ourense

O acto enmárcase na programación apoiada pola Xunta de Galicia para conmemorar o centenario da súa declaración no ano 1921

Bande (Ourense), 12 de novembro do 2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Bande na presentación de Santa Comba de Bande, o novo volume no que Celso Rodríguez Cao afonda na historia desta igrexa visigótica que conseguiu ser o primeiro Monumento Nacional da provincia de Ourense.

Durante a presentación do exemplar, que se levou a cabo no interior da propia igrexa, o representante da Xunta de Galicia fixo un chamamento para que todos os galegos se animen a percorrer “o interior e historia da igrexa de Santa Comba de Bande a través da escritura de Celso Rodríguez Cao”. Neste senso, lembrou que a presentación do libro encádrase na programación apoiada pola Xunta de Galicia para conmemorar o centenario da declaración da igrexa como Monumento Nacional, no mes de agosto de 1921.

Cómpre lembrar que a igrexa de Santa Comba de Bande é un dos principais Bens de Interese Cultural (BIC) da provincia de Ourense e no que a Xunta inviste permanentemente para garantir a súa conservación.