Política Social achega máis de 180.000 euros á Asociación Española Contra o Cancro para programas de atención familiar

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ás xornadas que se celebraron no auditorio do Centro Dotacional de Torroso en Mos

Mos (Pontevedra), 12 de novembro de 2021

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ás I Xornadas de Inclusión Social Necesidades sociais e novas perspectivas para a inclusión social do/a doente oncolóxico/a organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración coa Consellería de Política Social.

A Consellería de Política Social achega máis de 180.000 euros gracias á orde de axudas a entidades de iniciativa social e á orde de axudas do 0,7% do IRPF á Asociación Española Contra o Cancro para programas de atención integral a familias de nenos diagnosticados de cancro, de apoio social de emerxencia para as familias para cubrir necesidades básicas, entre outras iniciativas.

O director xeral de Inclusión Social subliñou a necesidade de seguir innovando e investigando neste eido que afecta a un elevado número de persoas no mundo, pero ademais fixo especial fincapé na importancia de apoiar ás familias nas que un membro padece esta enfermidade e que precisan de programas que lles axuden a conciliar.