A Xunta organiza unha conferencia sobre o futuro da acción exterior galega

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea impulsou hoxe na Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) un coloquio sobre o futuro da acción exterior galega

Esta actividade celebrouse co obxectivo de dar difusión a recente Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e da Estratexia Galega de Acción Exterior

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021

A Dirección Xeral de Relación Exteriores e coa Unión Europea organizou hoxe coa colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) un primeiro coloquio co obxectivo de difundir as novas ferramentas xurídicas e institucionais cos que conta Galicia no eido exterior.

Unha das ferramentas da nova Lei de acción exterior de Galicia é a posibilidade de implementación de tratados internacionais ou a participación nas negociacións para concluílos.

A fin de ter unha visión de conxunto sobre os cambios que se aveciñan no escenario mundial, este ciclo de conferencias resulta relevante para coñecer as correntes internacionais que condicionarán o futuro inmediato dos operadores, desde empresarios e investidores, ata creadores de opinión e actores sociais a escala global.

Neste primeiro acto, o profesor José Cabanelas Omil, Catedrático de estudios comunitarios de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo, foi o encargado de avanzar nas grandes transformacións mundiais e disertou sobre as perspectivas relevantes para o segundo cuarto de século no marco da Lei de Acción Exterior de Galicia e da Estratexia Galega de Acción Exterior.