Política Social aplaude o emprego das novas tecnoloxías na atención ás persoas con demencia na presentación do programa En compañía

Vigo, 9 de novembro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado da Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou esta mañá na presentación do proxecto En Compañía, levado a cabo pola Asociación Afaga Alzheimer e o Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo. Alí aplaudiu o emprego das novas tecnoloxías para mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con demencia.

Este proxecto ofrece unha resposta terapéutica ás persoas que se atopan nos estadios iniciais de alzhéimer a través dun programa baseado nas novas tecnoloxías. Gracias a unha tablet dixital que ofrecerá contido de estimulación personalizado, este programa permitirá atallar os síntomas de deterioro cognitivo e, ademais, de cara ás familias conseguirá reducir os niveis de sobrecarga para poder axudar a conciliar a convivencia familiar.
 

Imaxes relacionadas