O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá as instalacións

Política Social achega preto de 192.000 euros para a reforma e o equipamento do comedor social Virgen de Lourdes en Vigo

Achegouse tamén ás instalacións da Casa Caridade, ás que a Xunta de Galicia achega outros 200.000 euros para o comedor social da Esperanza

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá a sede de Misión del Silencio. Alí destacou o importante labor que realizan estas entidades cada día, un traballo que tralo último ano de pandemia fíxose aínda máis necesario para moitas familias da zona.
Arturo Parrado percorreu as instalacións, onde aproveitou para por en valor as obras realizadas no comedor social Virgen de Lourdes grazas á subvención concedida a través da convocatoria para entidades de iniciativa social 2020-2022, que ascendeu a preto de 192.000 euros, dos que 128.000 foron para a reforma do comedor, dos baños, da sala de estar e do tellado, entre outras obras.

Casa Caridade

O representante autonómico tamén visitou as instalacións da Casa Caridade en compañía da directora da Fundación, Alicia Román Rodríguez. Alí coñeceu os diferentes espazos e o comedor da Esperanza, ao cal a Xunta de Galicia achega 200.000 euros. Trala visita, o director xeral de Inclusión Social mantivo unha reunión coa entidade para estudar diferentes cuestións en materia de inclusión.

Imaxes relacionadas