Fabiola García destaca o traballo conxunto co Cermi para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor hoxe a colaboración coas entidades sociais para facer a vida máis doada e mellorar o benestar das persoas con discapacidade e as súas familias. Díxoo tras manter unha reunión co Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) de Galicia para valorar os avances realizados nesta materia na nosa comunidade e escoitar ás entidades que traballan día a día con este colectivo.

Fabiola García sinalou que o Goberno galego non soamente manterá senón que reforzará o seu compromiso coa atención á discapacidade. Con este fin, incrementará nun 65% o importe que reciben as entidades sociais dentro das axudas con cargo á casilla do IRPF e antes de que remate este exercicio crearanse 280 novas prazas de atención diúrna e residencial ata superar as 5.600, un 30% máis das que había en 2009.

Imaxes relacionadas