O presidente da Xunta asistiu hoxe á XXVIII edición do premio xornalístico Puro Cora

Feijóo refírese á Galicia do século XXI como unha Galicia con arraigo que sabe de onde vén, onde está e cara onde vai

Enxalza a traxectoria do galardoado Juan Tallón, “un xornalista e escritor que coñece moi ben Galicia”

Lugo, 3 de novembro de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á Galicia do século XXI como unha Galicia con arraigo que sabe de onde vén, onde está e cara onde vai. “A Galicia do século XXI é como unha árbore que busca as alturas, que ten pólas diversas, pero que tamén posúe unhas raíces que se alimentan da terra”, dixo.

Durante a XXVIII edición do premio xornalístico Puro Cora, Feijóo incidiu deste xeito en que a Comunidade é resultado dunha evolución incesante e avogou por seguir avanzando sen esquecer de onde vimos.

Nun contexto definido pola falta de solidez, o titular da Xunta aproveitou o acto para recordar a situación límite que, “non lonxe de aquí”, están a vivir os traballadores de varias industrias e reiterou que o Goberno galego seguirá traballando para lograr que non se deixe atrás ás industrias que ata ben pouco eran viables. “Seguiremos traballando cada día e propoñendo saídas que eviten a perda de miles de empregos e unha crise industrial en Galicia”, sentenciou.

O presidente da Executivo autonómico concluíu enxalzando a traxectoria do galardoado co premio Puro Cora; “un xornalista e escritor que coñece moi ben Galicia”, dixo.

Imaxes relacionadas