O programa de innovación educativa ‘Club de ciencia’ chega este curso a 146 centros, 37 deles novos

Desenvolveranse en 65 centros da provincia da Coruña, 17 de Lugo, 18 de Ourense e 46 centros de Pontevedra, que reciben unha achega para o seu proxecto

Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Educación Dixital 2030, ten obxectivo é promover as competencias científico-tecnolóxicas entre o alumnado

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2021

Un total de 146 centros educativos públicos de toda Galicia (37 de nova incorporación este ano) desenvolverán durante o presente curso 2021/22 o Club de Ciencia, unha iniciativa da Xunta enmarcada na Estratexia Educación Dixital 2030 que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Este é o sexto ano consecutivo que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha esta acción, que naceu como experiencia piloto no curso 2016/17 con nove centros en toda Galicia e que no presente 2021-22 chega a 65 na provincia da Coruña (14 de nova incorporación), 17 en Lugo (seis novos), 18 en Ourense (seis novos) e 46 en Pontevedra (11 novos), tal e como pode consultarse no Portal Educativo.

Alimentar curiosidades
O Club de Ciencia defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado de Educación Primaria, Secundaria obrigatoria ou Bacharelato. Un dos docentes actuará como persoa coordinadora do club.

As actividades desenvólvense fóra do horario lectivo do alumnado nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente, cun mínimo dunha media de catro horas ao mes. Cada centro docente seleccionado para desenvolver un Club de Ciencia recibe unha achega económica para sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria.

120 M€ para a Estratexia Educación Dixital 2030
Precisamente para avanzar nun sistema educativo de alto rendemento e acadar a transformación tecnolóxica nas aulas, o Goberno galego ten en marcha a Estratexia Educación Dixital 2030, dotada cun orzamento inicial de 120M€ e que recolle unha ducia de accións planificadas que abranguen todas as áreas académicas e teñen en conta a totalidade dos integrantes da comunidade educativa.

Nestas accións inclúese a creación e dotación de polos creativos nos centros, a progresiva incorporación de equipos nas aulas, a introdución da Intelixencia Artificial nas propostas curriculares, medidas específicas para corrixir a fenda de xénero e accións formativas en competencias dixitais entre outros.

Listado de centros de nova incorporación aos Club de Ciencia:

A CORUÑA:

IES Plurilingüe Elviña
A Coruña
IES Nº 1
Ribeira
CEIP Alborada
A Coruña
IES de Curtis
Curtis
IES Manuel Murguía
Arteixo
IES Praia Barraña
Boiro
IES Moncho Valcarce
As Pontes de García Rodríguez
IES de Sar
Santiago de Compostela
CEIP Ana María Diéguez
Rianxo
IES de Porto do Son
Porto do Son
IES A Sardiñeira
A Coruña
IES Ramón Caamaño
Muxía
IES do Milladoiro
Ames
CEIP Plurilingüe de Outes
Outes

 



LUGO:

CEIP Juan Rey
Lourenzá
IES Xoán Montes
Lugo
CEIP Álvaro Cunqueiro Mora
Mondoñedo
CEIP da Pobra de Brollón
A Pobra do Brollón
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Sarria
CPI Uxío Novoneira
Pedrafita do Cebreiro

 

OURENSE:

IES Lauro Olmo
O Barco de Valdeorras
CEIP Carlos Casares
Xinzo de Limia
CEIP de Maceda
Maceda
IES 12 de Outubro
Ourense
IES García-Barbón
Verín
CEIP Bibei
Viana do Bolo

 


PONTEVEDRA:

CEIP Pío Cabanillas Gallas
Dozón
IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
Salvaterra de Miño
CEIP Plurilingüe Santa Mariña
Vigo
IES Álvaro Cunqueiro
Vigo
IES Plurilingüe Aquis Celenis
Caldas de Reis
IES Carlos Casares
Vigo
CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
Valga
IES Gonzalo Torrente Ballester
Pontevedra
IES Johan Carballeira
Bueu
IES Ribeira do Louro
O Porriño

 


 

Imaxes relacionadas