O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe o centro ocupacional de Aspaneps en Fene

Política Social incide na importancia de promover a autonomía e o desenvolvemento cognitivo das persoas con discapacidade

O Goberno galego financia as 20 prazas públicas deste centro, para o que destina máis de 148.000 euros anuais

Fene (A Coruña), 26 de outubro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, incidiu esta mañá na importancia de promover a autonomía e o desenvolvemento cognitivo das persoas con discapacidade durante unha visita esta mañá ao centro ocupacional de Aspaneps en Fene. O Goberno galego financia as 20 prazas públicas deste centro, para o que destina máis de 148.000 euros.

González Abeijón puido coñecer aos usuarios destas instalacións e os proxectos que realizan neste espazo para promover a socialización das persoas con discapacidade, así como a súa formación. O centro conta con programas para a encadernación artesanal ou para serigrafía, entre outros.

O director xeral destacou a importancia de que as administracións colaboren coas entidades sociais de Galicia para axudar ás persoas con discapacidade e as súas familias a ter unha maior calidade de vida. Durante o encontro mantivo unha reunión cos responsables do centro para estudar novas canles de colaboración.

Imaxes relacionadas