A Xunta participa nas IV Xornadas de persoas con enfermidade renal crónica de Alcer Coruña

A Coruña, 23 de outubro de 2021

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe nas IV Xornadas de persoas con Enfermidade Renal Crónica organizadas por Alcer Coruña. Esta cita tivo lugar no Fórum Metroplitano e acolleu diferentes charlas e mesas redondas sobre o tratamento renal ou a mellora de servizos para as persoas que sofren esta doenza.

Antón Acevedo puxo en valor a colaboración e coordinación entre o Goberno galego e as entidades sociais como a Federación Alcer para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e das súas familias.

Imaxes relacionadas