A Xunta fixa nos orzamentos 2022 uns investimentos iniciais de 38,5 M€ para a comarca do Salnés e de 15,6 M€ para a de Caldas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, concreta as contas para as dúas bisbarras nunha visita ao Hospital do Salnés, ao que se destinarán 769.618€ o vindeiro ano para a súa nova área de esterilización

“A Xunta é a administración que máis inviste, de longo, nestas bisbarras, xa que de entrada terán 54,2 millóns e ademais as actuacións deseñadas apostan polas infraestruturas, a sanidade, a educación, o saneamento e o mar”, manifesta

O representante autonómico revela que están recollidos 12 M€ para a planta de biorresiduos de Vilanova, 100.000 para o proxecto do centro de saúde de Vilagarcía, 1,3 M€ para o nodo intermodal e 635.571 para a ampliación da EEI Vagalume

Na comarca de Caldas destacan as melloras no centro da terceira idade e o centro ocupacional O Saiar, a sinalización e acondicionamento do Camiño, o solo empresarial de Pontecesures ou o centro de saúde de Moraña

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 22 de outubro de 2021

A Xunta de Galicia vén de fixar uns investimentos iniciais de 38.581.524 euros para a comarca do Salnés e de 15.649.095 euros para a de Caldas no proxecto de Orzamentos 2022, segundo revelou hoxe o delegado territorial, Luis López, na presentación das contas para estas dúas bisbarras nunha visita ao Hospital do Salnés.

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nestas dúas comarcas, xa que o punto de partida en investimentos para ambas sitúase en 54,2 millóns de euros, unha contía recollida de xeito específico e nominativo, que xurde do noso compromiso con este territorio do norte da provincia e que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico, que detallou que a cifra é cinco veces superior aos investimentos para a zona contemplados polo Goberno de España nos Orzamentos do Estado e máis do dobre ca da Deputación de Pontevedra.

“Son uns investimentos moi completos e vanse incrementar seguro e ademais tocan todos os ámbitos de interese cidadá no Salnés e Caldas, xa que as actuacións deseñadas apostan polas infraestruturas, a mobilidade, a sanidade, a educación, o saneamento e o medio ambiente, o emprego, as emerxencias e o mar”, apostillou.

Luis López acudíu, xunto ao xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez, e a xefa territorial de Sanidade, Natalia Botana, ao hospital arousán, para presentar estes investimentos, que precisamente recollen unha partida de 769.618 euros para a súa área de esterilización.

O delegado territorial salientou que, no caso do Salnés, destacan especialmente, pola súa contía ou singularidade, os 12 millóns de euros para a planta de biorresiduos de Vilanova, que está en licitación e se acometerá o vindeiro ano, os 100.000 euros para a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Vilagarcía na vella Comandancia, os 1.339.591 euros para o nodo de comunicación intermodal da capital, “que será o mellor de Galicia tras os das sete cidades”, ou os 635.571 euros para a ampliación da Escola de Educación Infantil Vagalume, “como primeiro exemplo e mostra de compromiso das moitas actuacións que imos ir acometendo no 2022 en materia educativa e que, só este ano, superaron a quincena no Salnés”.

A distribución territorial por municipios repártese do seguinte xeito: Vilanova de Arousa (17,8 millóns), pola construción singular da planta ambiental, Vilagarcía (10,4 millóns), Cambados (3,1 millóns), O Grove (2,3 millóns), Sanxenxo (2,2 millóns), Ribadumia (1 millón), A Illa de Arousa (723.000), Meis (685.000) e Meaño (197.000).

 

Principais investimentos 2022 no Salnés

Vilagarcía
Nodo de comunicación intermodal
1.339.591
Vilagarcía
Saneamento e depuración
1.646.824
Vilagarcía

Área de esterilización do Hospital do Salnés

769.618
Vilagarcía
Melloras no Intecmar
884.378
Vilagarcía

Redacción do proxecto do centro de saúde

100.000
Vilagarcía
Ampliación da EEI Vagalume
635.571
Vilanova

Planta de tratamento de biorresiduos

12.000.000
Vilanova
Senda de Corón
1.100.000
Vilanova
Saneamento e depuración
2.500.011
Cambados
EDAR de Tragove
1.412.229
Cambados/Ribadumia
Colector de Cabanelas
511.432
Cambados
Porto de Tragove
242.000
O Grove
Porto
241.000
Sanxenxo
Porto
30.000
Sanxenxo/O Grove
GES
1.725.000
A Illa de Arousa
Saneamento e depuración
111.123
Ribadumia

Melloras na planta de residuos

400.000
Varios concellos
Cinco obradoiros de emprego
1.040.000

“Os principais investimentos roldan os 27 millóns de euros, pero as contas da Xunta tamén contemplan para O Salnés outros investimentos en instalacións deportivas, novas tecnoloxías, maquinaria sanitaria, melloras nas zonas de produción mariña, acuícola e marisqueira, eficiencia enerxética, melloras en centros sociais, silvicultura, limpeza de montes e desbroces, obras xudiciais e educativas, transporte ou dixitalización no ensino ata alcanzar os citados 38,5 millóns”, significou o delegado.

Actuacións en Caldas

Por outra banda, Luis López tamén concretou os investimentos para a comarca de Caldas, entre os que destacan as melloras no centro da terceira idade e no edificio ocupacional do Saiar, a sinalización e acondicionamento do Camiño de Santiago, o solo empresarial de Pontecesures ou o centro de saúde de Moraña coa seguinte distribución territorial: Pontecesures (5,4 millóns), Caldas de Reis (3,4 millóns), Valga (2,8 millóns), Moraña (1,8 millóns), mentres que Catoira, Cuntis e Portas sitúanse algo por baixo do millón de euros.
 

 

Principais investimentos 2022 en Caldas

Caldas
Melloras no centro da terceira idade
147.600
Caldas
Sinalización, albergues e Xacobeo
1.232.467
Caldas
Ampliación do IES Aquis Celenis
50.000
Caldas
Melloras no Centro Ocupacional O Saiar
350.000
Caldas
Obradoiro de emprego
208.000
Caldas/Cuntis/Moraña
Convenio do encoro
410.000
Pontecesures
Solo empresarial
4.628.676
Pontecesures
Mellora en infraestruturas deportivas
400.000
Pontecesures
Sinalización do Camiño
167.772
Valga
Senda na estrada PO-548
800.000
Valga
Abastecemento de augas
198.619
Moraña
GES
1.150.000
Moraña
Campo de fútbol de Mirallos
113.879
Moraña
Centro de saúde
250.000
Moraña/Cuntis
Limpeza do río Umia
220.000
Catoira
Implantación de Destino Turístico
347.750
Comarca
Plan de prevención de inundacións
1.430.000

Imaxes relacionadas