O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na sesión inaugural dunhas xornadas organizadas por Acción contra el Hambre

Política Social sinala a xeración de emprego como unha fonte de autonomía persoal

O coloquio ten por título ‘Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo’

O Goberno galego destina 40.000 euros a esta entidade para a posta en marcha dun programa de inserción laboral das persoas con maiores dificultades de acceso

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe da xornada Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo, organizada pola entidade Acción contra el Hambre. Durante a súa intervención sinalou que a xeración de emprego, ademais de ser unha fonte de ingresos, permite unha maior autonomía persoal e que as persoas poidan realizar o seu proxecto de vida.

Neste sentido, lembrou que as políticas sociais da Xunta de Galicia están orientadas a proporcionar servizos e recursos que preparen de forma integral ás persoas que carecen de emprego e melloren con iso as súas posibilidades de acceder ao mercado de traballo. Por iso, o Goberno galego destinou 40.000 euros neste ano á Acción contra el Hambre para poñer en marcha o programa de emprego Vive Emplea para un emprendemento inclusivo.

Arturo Parrado concretou que esta iniciativa fundaméntase precisamente na necesidade de colaborar coas distintas entidades sociais de Galicia para alcanzar unha maior eficacia dos obxectivos de inserción laboral das persoas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.

Imaxes relacionadas