Política Social financia dez novas prazas na residencia de maiores de Vila do Conde en Gondomar

Gondomar (Pontevedra), 21 de outubro de 2021

O director xeral Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe os usuarios da residencia para persoas maiores de Vila do Conde en Gondomar. Alí, Fernando González Abeijón destacou o aumento de prazas financiadas polo Goberno galego neste centro, dez máis este ano ata chegar ás 32, por máis de 400.000 euros.

Durante a visita o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade percorreu as instalacións do centro e coñeceu os servizos que presta. Ademais, puxo en valor o traballo imprescindible que os centros residenciais realizan cada día e que adquiriron especial relevancia durante o ano da pandemia.

Imaxes relacionadas