Fernández-Tapias fixa a formación dos desempregados como aposta estratéxica da Xunta cara a multiplicar as oportunidades laborais dos galegos

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe nunha sesión técnica informativa dirixida ás entidades beneficiarias dos cursos de acción formativa

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar 329 cursos na provincia de Pontevedra cun investimento de máis de 14,6 millóns de euros

Vigo, 20 de outubro de 2021

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixou hoxe a formación dos desempregados como aposta estratéxica da Xunta de Galicia cara á inserción laboral e á mellora da empregabilidade dos cidadáns. O fixo no transcurso dunha xornada informativa dirixida ás 71 entidades beneficiaras na provincia de Pontevedra dos cursos de acción formativa que arrancan este mes de outubro.
Tras destacar a importante atención que prestan os orzamentos da Xunta en 2022 á formación e á colocación, cunha suba sen precedentes de máis do 50%, defendeu a inequívoca aposta do Executivo autonómico por multiplicar as oportunidades laborais dos galegos, adaptando o seu perfil as demandas do mercado.
Sinalou así que estes cursos, que alcanzan los 329 en toda a provincia cunha inversión de máis de 14,6 millóns de euros, son un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa mellora da capacitación dos traballadores e desempregados, da competitividade empresarial e coa creación de emprego estable e de calidade.

Certificados de profesionalidade

Os alumnos e alumnas que particen nas accións formativas poden acceder, ao remate, aos certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado. Desde o ano 2011, a Xunta mantén unha aposta decida pola formación certificable co obxecto de que a formación para o emprego conte cuns niveis de calidade e excelencia demandados na actualidade.
Os cursos versan sobre diferentes especialidades sendo as que teñen maior demanda as de informática e comunicacións, servizos socioculturais, comercio e márketing e administración e xestión. Tamén impártense cursos sobre artes gráficas, actividades físicas e deportivas, imaxe persoal, sanidade, seguridade e medio ambiente, téxtil ou edificación e obra civil, entre outros.
En definitiva, o Goberno galego busca coa formación para o emprego incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e dar resposta á necesidade das empresas de contar con traballadores cualificados adaptando a formación dos traballadores ás súas necesidades.


Aula virtual

 

A través da iniciativa impúlsase a aula virtual grazas ao novo Campus Virtual de Galicia que puxo en marcha a Consellería de Emprego e Igualdade para facilitar o acceso á cualificación dos galegos e galegas e garantir tamén a saúde dos alumnos e alumnas pola covid-19. O primeiro campus virtual é unha demanda da sociedade e do tecido empresarial galego co que se pretende impartir en tempo real de xeito virtual a formación para o emprego. Búscase acercar a formación a todo o territorio galego e a aqueles alumnos e alumnas que teñen dificultades para desprazarse.
Así mesmo, a Xunta coa formación para o emprego está a potenciar a realización de cursos dirixidos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida e no caso da formación para desempregados en centros acreditados inclúese como beneficiario e colectivo prioritario da formación aos traballadores afectados por expedientes temporais de regulación de emprego (Erte).
Ademais, no caso da orde para desempregados admítese a participación de ata un 30% de ocupados, sempre e cado non se cubran as prazas con desempregados, e viceversa no caso da orde dirixida á formación para traballadores en activo co fin de completar o 100% das prazas.

 

COMARCA
CURSOS
IMPORTE
BAIXO MIÑO
17

817.284,75

CALDAS
11

389.167,50

O CONDADO
6

338.826

DEZA
14

704.478,75

O MORRAZO
35

1.316.421,75

PONTEVEDRA
39

1.838.634

O SALNÉS
46

1.628.602,50

TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
9

491.023,50

VIGO
149

7.081.577,25

TOTAL
329

14.606.016

Imaxes relacionadas