A conselleira de Política Social mantivo hoxe un encontro con EAPN Galicia

Fabiola García destaca que os fondos da Risga están garantidos no ano 2022 para todas aquelas familias que o precisen

Sinala que os orzamentos para políticas sociais do próximo ano son os máis altos da historia de Galicia ao destinar o dobre que no ano 2009

Lembrou que xa se iniciou a tramitación da Lei de inclusión social para adaptar as axudas autonómicas ao novo escenario xerado pola aprobación do IMV
 

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe que os fondos da Renda de Inclusión Social de Galicia están garantidos no ano 2022 para todas aquelas familias que o precisen. Esta mañá mantivo unha reunión de traballo coa entidade EAPN Galicia onde lle trasladou algunha das novidades das contas deste ano.

A conselleira sinalou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano priman as políticas sociais. En concreto, apuntou que as contas da Consellería de Política Social son as máis altas da historia de Galicia ao destinar o dobre do que se destinaba a este ámbito no ano 2009.

Así mesmo, Fabiola García lembrou que entre os retos do seu departamento para o próximo ano atópase a reforma da Lei de inclusión social de Galicia, que xa comezou a súa tramitación, e que permitirá redeseñar as axudas o mapa de prestacións autonómicas e adaptalos á nova realidade xerada logo da aprobación do Ingreso Mínimo Vital por parte do Goberno central.
 

Imaxes relacionadas