Fabiola García sinala ás casas niño e casas do maior como un potenciador do emprendemento da muller rural

A entidade puxo en marcha unha ruta polo Camiño de Santiago para reivindicar o papel da muller nas zonas menos poboadas de España

O Goberno galego impulsou 90 casas niño e 90 casas do maior coa finalidade de darlles ás familias un recurso de conciliación entre a vida laboral e familiar
 

Triacastela (Lugo), 19 de outubro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou ás casas niño e casas do maior como un factor potenciador do emprendemento da muller rural. Hoxe recibiu en Triacastela ao ‘Autobús da Repoboación’, impulsado pola organización El Hueco. Esta campaña percorreu o Camiño de Santiago concienciando e reivindicando un rural máis feminino e máis activo.

A conselleira destacou que o Goberno galego traballa para impulsar servizos e recursos para que as galegas e galegos queixan e poidan asentarse nas zonas rurais. Neste sentido, apuntou que é preciso reivindicar as posibilidades destas zonas menos poboadas para medrar e crear emprego.

Fabiola García lembrou que o Goberno galego puxo en marcha 90 casas niño e 90 casas do maior coa finalidade de que as familias conten con servizos de conciliación da vida familiar e laboral. Así mesmo, esta iniciativa permitiu a creación de postos de traballo, na súa maioría femininos, o que permite dar unha alternativa ás persoas que desexan vivir nestas contornas.
 

Imaxes relacionadas