A Xunta destaca o apoio aos concellos para axilizar o reparto das súas axudas á hostalería

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que o Goberno galego distribuíu 2,5M€ de axudas de 64 municipios que chegaron a máis de 2.400 hostaleiros, dos que 28 concellos adheridos e 1.136 locais beneficiarios foron da provincia da Coruña

O Goberno galego adiantou a cantidade que os concellos que decidiron utilizar a plataforma da Xunta tiñan previsto destinar aos hostaleiros do seu municipio
 

Imaxes relacionadas