A Policía Autonómica e a Policía Nacional detiveron en Lugo a dúas persoas por tráfico de drogas

No momento da detención, interviron dous axentes que se atopaban fóra de servizo, colaborando tanto no rexistro coma na propia detención dos investigados no marco deste operativo, sendo comisados 82 gramos de cocaína

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

Axentes da Policía Autonómica colaboraron na detención e cacheo de varias persoas que se adicaban ao menudeo de tráfico de drogas, no transcurso dunha operación antidroga, levada a cabo por axentes da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo.

O pasado día 13 de outubro, estableceuse un dispositivo na Praza de Pío XII nas inmediacións da Catedral de Lugo. No momento da detención e dado que un dos detidos opoñía resistencia, interviron dous axentes da Policía Autonómica que se atopaban fóra de servizo, colaborando tanto no rexistro coma na propia detención dos investigados no marco deste operativo, sendo comisados 82 gramos de cocaína.