A Xunta participa na inauguración das probas de fútbol sala realizadas por Special Olympics

Vigo, 16 de outubro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá na inauguración da edición número 26 das probas de fútbol sala Trofeo Carlos Outeriño organizadas por Special Olympics. Unhas xornadas que cada ano permiten que as persoas con discapacidade poidan practicar este deporte nun ambiente de igualdade.

O director xeral sinalou que este programa é un xeito de seguir potenciando e reivindicando un deporte adaptado e un ritmo de vida activo entre as persoas con discapacidade. O encontro tivo lugar no Complexo Deportivo Municipal As Travesas.

Imaxes relacionadas