Feijóo avanza a activación dun 4º Plan de Rescate para empresas e autónomos cons 134 M€ que non se distribuíron da convocatoria anterior polas trabas burocráticas estatais

Sinala que ampliará ata o 30 de setembro o período para imputar as débedas financiables con estas axudas e establecerá que os fondos se poidan destinar a compensar as perdas contables

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 M€ sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os cartos cheguen a quen máis o precisa.

A este respecto, Feijóo explicou que foron os problemas burocráticos derivados dos requisitos impostos polo Goberno no reparto das axudas do 3º Plan de rescate os impediron que esa cantidade fose distribuída. “Se nos fondos da Xunta de Galicia tivemos 80.000 solicitudes, neste fondo soamente levamos 5.912”, abundou.

No referido a este 4º plan, que inclúe as modificacións efectuadas polo Goberno central, Feijóo subliñou que ampliará ata o 30 de setembro o período para imputar as débedas financiables con estas axudas e establecerá que os fondos se poidan destinar a compensar as perdas contables.

A Xunta leva mobilizados preto de 607 M€ en axudas directas a diversos sectores moi afectados, como o turismo, a hostalería, e comercio ou o primario.
 

Imaxes relacionadas