O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións públicas autonómicas

A Xunta recibe dezaoito ofertas para executar as obras de mellora da Residencia de Tempo Libre de Panxón

Os traballos, que se centrarán na substitución da cuberta e se adxudicarán antes do fin de 2021, contan cun prezo de licitación de mais de 270.000 euros e un prazo de execución de seis semanas

Nigrán (Pontevedra), 11 de outubro de 2021

A Xunta de Galicia recibiu un total de dezaoito ofertas para levar a cabo as obras de mellora da Residencia de Tempo Libre de Panxón. O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións situadas en Nigrán, onde sinalou que estes traballos aumentarán tanto a eficiencia enerxética do complexo como a confortabilidade dos seus usuarios.

O proxecto, que se centrará na substitución da cuberta, conta cun orzamento inicial de máis de 270.000 euros e un prazo de execución de seis semanas. O director xeral adiantou, neste sentido, que a previsión do Goberno galego pasa por adxudicar as obras antes de que remate o presente exercicio.

Os traballos de renovación da cuberta súmanse ás diferentes actuacións de mellora que se levaron a cabo nas instalación públicas autonómicas de Nigrán nos últimos cinco anos, que supuxeron un investimento global de medio millón de euros.

Imaxes relacionadas