Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o Parque Natural do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de 0,18 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín.

O lume, controlado ás 21,44 h. desta noite, iniciouse en tres focos diferentes ás 20,45 h. e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de 0,18 hectáreas de monte raso, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control levan participado ata o de agora 1 axente, 3 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.